jueves, 27 de octubre de 2011

XA COMENTAN POR AÍ QUE O DEPORTE É SAUDABLE…


  O outro día chamoume un amigo ao que lle recomendara facer un pouco de exercicio xa que ten un traballo no que pasa demasiadas horas sentado e comeza a atoparse un pouco pesado. Cando descolguei o teléfono so escoitei queixas sobre as dores que tiña e tras rematar a conversa a súa última pregunta fíxome reflexionar. Esa pregunta foi: ¿Por que non me contaches os “efectos secundarios” do deporte?
                        Pois si, o deporte ten os seus perigos. Do mesmo xeito que namorarse ten os seus riscos para a saúde mental e incluso se pode pasar fatal… ¿pero deixamos por iso de buscar á nosa parella ideal?
A actividade física é unha agresión á que o corpo responde adaptándose ¡MELLORANDO! Esa agresión, que nos debilita ao principio, necesita unha hixiene postural adecuada. Eu tamén me teño quedado inmóbil na cama por culpa dunha dolorosísima lumbalxia, pero aprendín coa axuda de outros colegas e do fisioterapeuta, o necesario que resulta compensar o exercicio practicado con estiramentos específicos e adecuados.

 
Cando nos centramos unicamente nun deporte hai zonas musculares que se van acurtando e outras que perden tonicidade. Eso é especialmente acusado nas costas, a nivel lumbar e dorsal. Esta situación pode orixinar dores, contracturas e descompensacións.
Existe tamén a posibilidade de sufrir tendinite ao incrementar o volume e a intensidade da actividade física sen ter en conta unha boa base previa para facelo. Base que tamén nos dará unha correcta rutina de exercicios compensatorios e de fortalecemento.
Podemos sufrir algunha infección (catarros) tras practicar deporte xa que despois dun esforzo moi intenso todas as nosas enerxías se centran en recuperar o corpo rapidamente, deixando “descoidadas” outras funcións como a defensa. Debemos evitar enfriamentos ao rematar, cambiándonos a roupa húmida e abrigándonos. Existen algúns alimentos que potencian o noso sistema inmunolóxico (mel, allo, própole, limón, berros, cebola, iogures, xenxibre, tomiño…) Ademais poderiamos recorrer a suplementos e aos antioxidantes.
A pesar de todo, os beneficios do deporte, do exercicio periódico, sempre superan aos inconvintes, que se poden evitar sabendo qué músculos debemos potenciar para equilibrarnos, facendo abdominais frecuentemente, estiramentos despois de adestrar, coidando a alimentación e descansando o suficiente polas noites.
     Quero ademais aclarar que existen numerosas páxinas web e moitas publicacións escritas onde podedes informarvos de cuestións relacionadas co exercicio físico e o adestramento.
            A pequena historia de hoxe está apoiada en artigos da revista Sport Life e da revista Runner´s.
            ¡Espero que vos guste!
   Pablo Negreira. Prof EF.

No hay comentarios:

Publicar un comentario