viernes, 9 de diciembre de 2011

¡FACER PESAS MENTRAS MEDRO!

   Se cadra porque as idades dos rapaces aos que lles dou clase, polas numerosas ocasións nas que teño escoitado que traballar a forza durante a adolescencia ou por algunhas preguntas que pais e nais me formularon esta tempada me animei a tratar un tema sempre polémico ¡O meu rapaz quere ir ao ximnasio!


  O exercicio físico, xa sexa de forza, cardiovascular ou de mobilidade articular non limitará nunca o desenrolo músculo-esquelético, é máis, é necesario para estimular o tecido muscular e óseo para poder alcanzar o seu máximo potencial nas etapas de crecemento. Ese falso mito de que o adestramento da forza ou “facer pesas” limita o crecemento non ten ningún fundamento(sempre e cando os kilos que se levanten non sexan desmedidos) ¿Acaso non ten consecuencias que un rapaz ou rapaza de 15 anos adestre 5 días á semana, 2 horas cada día ao fútbol? Ou o mesmo se falásemos de outros deportes como por exemplo o baloncesto. Retomando outra vez o tema orixinal, si o podemos considerar un exercicio “pobre” motrizmente, xa que os exercicios analíticos e localizados non estimulan a coordinación intermuscular. Se a túa vida deportiva solo se centra nas “tradicionais rutinas de pesas” pode que a motricidade non acade o seu máximo potencial, pero non limitará o desenrolo físico. 

   O meu consello é que se traballe máis coas cargas do propio corpo, xa que esas son cargas que estamos afeitos a manexar (abdominais, flexións, lumbares, sentadillas, splits, dominadas...) Pero se o que nos “mola” segue sendo o ximnasio puro e duro, recomendo que ademais dos exercicios cos aparatos, engadamos outras actividades deportivas que nos permitan gañar esas destrezas motrices que non aportan as máquinas de musculación. É imprescindible compaxinar os adestramentos de “pesas” con exercicios de flexibilidade e mobilidade articular, que evitarán desequilibrios e acurtamentos musculares que si poderían limitar o noso patrón postural correcto. Ademais sempre é beneficioso e máis divertido levantar menos peso pero en situacións de desequilibrio. Con esto ademais de poñernos “cachas” conseguiremos mellorar unha destreza realmente fundamental, a coordinación. Pero esto xa é unha teima persoal.

   Outro aspecto fundamental, sen dubida moi necesario para un adecuado desenrolo físico, é a alimentación. Debemos garantir que a nosa dieta nos aporte todos os nutrientes necesarios.

  Finalmente e resumindo ¡As pesas non son malas! Pero eu prefiro variar con frecuencia de actividade. É dicir xogar hoxe ao fútbol, mañá ir correr, logo xogar un partidiño de balonmán. Outro día ir a nadar ou andar en bici. Facer unhas “pesiñas” de cando e vez... Pero sempre estirar ao rematar. E para unha formación máis rica, dende o punto de vista físico, o ideal sería que os nosos cativos e cativas practicasen moitos deportes diferentes, de equipo e individuais, e non se especializaran en ningún ata unha idade máis avanzada.

Pablo Negreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario