lunes, 26 de diciembre de 2011

¡BO NADAL E COIDADO CO TURRÓN!

Andaba eu mergullado no entrañable espírito do Nadal, pensando en ir á praza para mercar o bacallao e a coliflor de Noiteboa, cando se me deu en pensar nos tremendos disparates gastronómicos que cometemos nestas datas.
Antes de seguir, considero o máis axeitado, recoñecer que non é este que vos escribe o máis indicado para falar, xa que todo me gusta e todo me sabe.
Xa sabedes os moitos beneficios que a práctica deportiva ten e o positivo que resulta mesturar exercicio e alimentación saudable. Dito esto... ¿É malo un “caprichiño” por día?
Podemos pensar que as calorías se suman e restan como se fai cos cartos, pero o metabolismo é algo máis complexo e non sempre funciona do xeito que imaxinamos. Curiosamente, se temos ansiedade, ou un familiar que se empeña en que comamos turrón a calquera hora, deberemos saber que o efecto que os alimentos doces fan sobre o noso peso é diferente se agrupamos esas larpeiradas en lugar de tomalos cada día. ¿Extrano? Non, cando saibamos o porqué.


O “truco” está en como o noso corpo asimila os nutrientes, neste caso cómo asimila o contido, maioritariamente graxo (e altamente calórico) de por exemplo os bombóns. Para entendelo facilmente digamos que temos un tope de absorción de graxa por cada inxesta ou comida, sobre todo cando non estamos acostumados a tomar tanta graxa, por iso é mellor establecer un día para os “caprichiños”. Non é cuestión de que nos demos atracóns semanalmente, a pesar de que é case imposible nestas datas, seguindo esta mesma regra, senón que é cuestión de que dosifiquemos cada varios días as tomas de alimentos moi calóricos como os turróns ou os chocolates. O que si é difícil, pero efectivo, é que o “dispendio gastronómico” sexa dun só tipo alimenticio e non de varios.
Agora chega o chiste... Cando sintamos fame ou necesidade de tomar algo doce, ou simplemente cando sorprendamos á nosa inconsciente man dirixirse cara á bandexa dos postres por trixésima vez, deberiamos respirar, mirar cara o froiteiro e tomar unha peciña das que nel se atopan... Escoito dende aquí as vosas risas mentres collo outro polvorón... Así que
¡MOITO ÁNIMO E MOI BO NADAL PARA TODOS E TODAS!
 
Os meus mellores desexos de felicidade.
Pablo Negreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario