O certo é que estabamos desexando ter un espazo para que conociéiseis o que traballan os máis pequenos de primaria nas súas clases de educación física.
Neste trimestre, un dos bloques que estamos a traballar son as diferentes partes do corpo e o esquema corporal. Coñecer o seu corpo e as súas posibilidades de movemento axúdalles a adquirir un maior dominio de si mesmos e das súas capacidades. Para iso os nosos alumnos deben de tomar conciencia das diferentes partes do corpo e interiorizalas para que poidan localizalas e nomealas. Neste proceso, intentamos que o aspecto lúdico enmarque estas actividades con situacións motrices dinámicas e divertidas.
O traballo de coñecemento e control do propio corpo progresará dende unha concienciación segmentaria ( mans, brazos, tronco, pernas, pés, movementos da columna vertebral) ata unha concienciación global, intentando que os alumnos teñan unha imaxe completa do seu propio corpo.
As unidades que traballaremos neste trimestre serán:
1- Coñezo e controlo o meu corpo
2- Esquema corporal
3- Respiración, relaxación e actitude postural
4- Equilibrio
A medida que as vaiamos traballando irémosvos comentando cada unha delas, co fin de que coñezades a importancia da educación física no seu desenvolvemento madurativo.
Irma. Profesora Educación Física 1º Ciclo
No hay comentarios:
Publicar un comentario